Asistentes
sen rexistro
Gratis
Comunicantes
25€

Acceso asegurado e prioritario

Certificado

Carpeta con información

Comida e bebida nos descansos

Inscricións

1. Realizar o pagamento

BANCO SANTANDER S.A.
IBAN: ES40-0049-2584-9022-1400-2210
SWIFT: BSCHESMM
Concepto [IMPRESCINDÍBEL]: "A época do espazo - APELIDO, NOME"
En caso de que sexa necesario incluír nome, apelidos ou dirección, insira os datos da Universidade de Santiago de Compostela.

2. Rexistro

Após realizar a operación, complete un dos seguintes formularios:

Inscrición de asistentes | Inscrición de relatores

  • Aqueles pagamentos que non inclúan a información indicada non serán válidos.
  • Os pagamentos incorrectos ou sen concepto non son modificábeis nin serán devoltos.
  • Os gastos da transferencia corren a cargo do/da remitente.
  • O proceso de pagamento non se completa ata que non se realiza o rexistro con certificado adxunto.

Este congreso é recoñecido como actividade formativa polos seguintes programas de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela: Estudos Medievais, Estudos de Literatura e da Cultura e Historia, Xeografía e Historia da Arte. A asistencia é de balde para as persoas matriculadas neles. No entanto, deberán rexistrarse e achegar a matrícula ou unha proba semellante.

Localización: Salón de actos, Facultade de Filoloxía

Santiago de Compostela, Galiza

Pode chegar a Santiago de Compostela en autobús (que veñen dende moitos puntos de Galiza e tamén dende fóra do país), en tren (Renfe) ou en avión (aeroporto, SQC).

A cidade ofrece numerosas opcións de aloxamento e é frecuentemente visita por turistas, polo que recomendamos que reserve a súa habitación o antes posíbel.

Facultade de Filoloxía

A Facultade de Filoloxía atópase no Campus Norte de Santiago de Compostela, a poucos minutos do centro da cidade. Pode chegar camiñando, en coche ou en autobús.

Campus Norte, Av. de Castelao, s/n,
15705 Santiago de Compostela, A Coruña, Galiza