Preguntas frecuentes

Publicaranse as comunicacións?

Non, mais cada quen é libre de publicar o seu relatorio pola súa conta.

É posíbel asistir sen estar inscrito/a?

Si, mais non se recibirá certificado, non se terá acceso a comidas, nin se contará con prioridade na entrada aos relatorios, polo que recomendamos inscribirse.

Quen pode asistir?

Convidamos a todas as persoas a asistir, sen dependencia da súa formación ou nivel de estudos.

Quen pode enviar comunicacións?

Admitimos comunicacións de calquera persoa, sen importar súa formación ou vencello académico; sen embargo, teremos o CV en conta para avaliar as propostas.

En que idiomas serán as comunicacións?

O idioma principal do congreso é o galego. Porén, é probábel que haxa relatorios noutras linguas, xa que esta posibilidade figura no call for papers.

Valídanse créditos por asistir?

Non.

Imaxe e prensa

Imaxe: cartel (jpg, pdf).

Nota de prensa:
Os días 8 e 9 de abril de 2019 celebrarase un congreso en Santiago de Compostela no que investigadores e profesores universitarios debaterán sobre a relación existente entre o espazo e os seres humanos ou as súas creacións artísticas. No evento participarán algúns especialistas internacionais no tema, como Robert T. Tally Jr. da Texas State University ou investigadoras e creadoras de recoñecido prestixio como Marilar Aleixandre.
Este congreso, un dos primeiros deste tipo en Galiza, servirá como punto de reunión para que estudantes e profesores do territorio peninsular entren en contacto e podan aparecer novas propostas ou proxectos de investigación.
Quen desexe participar poderá enviar unha proposta á paxina web www.aepocadoespazo.info ata o mes de decembro. As persoas aceptadas e máis as que queiran asistir ao congreso poderán rexistrarse no mesmo enderezo.

Deseño

  • Deseño do cartel e edición das imaxes: Cristina Lesmes.
  • Deseño e xestión da páxina web: Manuel Magán Abollo.

Agradecementos

  • Luís Oliveira Morgado
  • Marina da Silva Gonçalves

Política de privacidade