As focas teñen ollos de muller, as deusas ollos de vaca: Identificación animal na poesía nun continuo humano-non humano

Homero refírese á deusa Hera como a de “ollos de vaca”; Ío é transformada en vaca por Zeus, para agochala da vinganza de Hera. Nas lendas de Islandia as focas teñen ollos de muller e poden, eventualmente, transformarse nelas se se desprenden da súa pelica. No traballo percórrese a identificación animal na poesía, no marco do feminismo posthumano de Rosi Braidotti (2018) e a descentralización de Antropos na mudanza cara a Zoe, a vida no seu conxunto. Porén, como argumenta Braidotti, a mudanza presenta retos emocionais e pode implicar sentimentos de perda e mágoa. Argumento que a poesía, especialmente a de mulleres, anticipa esta mudanza cara a Zoe.

Web persoal